-
Leyenda SantaCompanha
Xa estamos no Mediterráneo, a navegar polo charco latino. A noite cerrouse ao redor do barco, e por unha rendixa do noso camarote o vento está susurrando a Negra Sombra de Montes, que me sostén en vixilia. E así podo eu maxinar unha Santa Compaña de inmortaes galegos, en interminable procesión. Alí vexo as nobres dignidades e os fortes caracteres que dou Galiza no decorrer da súa historia. Todos camiñan en silenzo, coa faciana en sombras e o mirar caído na terra dos seus pecados ou dos seus amores, agachando ideias tan vellas que hoxe nin tan siquera poderíamos comprender, e sentimentos tan perennes que son os mesmos que agora bulen no noso corazón. Algúns van revestidos con ricos panos e faiscantes armaduras, e os máis deles van descalzos e nus, cos osos prateados polo fulgar astral.
Ao frente de todos vai Prisciliano o heresiarca decapitado, levando a súa propia caveira nunha arqueta de marfín e afincándose nun longo caxato, que remata coa fouce dos druidas, a modo de báculo episcopal. Siguen a Prisciliano moitos adeptos, varóns e mulleres. Detrás veñen dous magnates, que cicais sexan: Teodosio, o grande Emperador de Roma, e San Dámaso, o Sumo Pontífice da cristiandade, seguidos ambos por unha hoste de soldados e eclesiásticos. Ollamos despois unha ringleira de mortos esclarecidos, que portan o atributo da súa dignidade ou profesión. Alí distinguimos á virxe Eteria, con túnica de branco liño e camiñando con arfado compás. Ao historiador Paulo Orosio, discípúlo de San Agostiño, que marcha pensatible cun rolo de pergameos na man. Ao bispo e cronista dos tempos suevos, Idacio, que alumea o camiño cunha lámpada de bronce. A San Pedro Mezonzo, o autor da Salve Regina Mater, o cántico e a oración máis fermosa da Eirexa, cunha fragante azucena nos beizos. Ao fundador San Rosendo, que sostén litúrxicamente a custodia do noso escudo tradicional. E moitos, e moitos máis, que é dificultoso recoñecer. Logo vemos ao primeiro Arzobispo de Compostela, o gran Xelmírez, revestido de pontifical, con aurifulxente cortexo de mitrados e coengos. Após do prelado vén Alfonso VII, o Emperador, con cetro na destra, espada na sinistra e coroa de ouro e pedrerías nas sens. Siguen ao Emperador, o Conde de Traba, seu aio, e demais bultos da soberba feudal de Galiza. Ollamos despois aos monxes letrados, en longa ringleira, con velas acesas e libros abertos. Ven despois o mestre Mateo o Santo dos Croques, co Apocalipsis debaixo do brazo, encabezando unha grea de arquitectos e imaxineiros, que portan as ferramentas das súas artes. De seguida a parece unha moitedume de xograres e trovadores, en mistura de tipos e atavíos. Algúns asemellan ter sido monxes; outros calzan esporas de ouro, en sinal de que foron cabaleiros; pero os máis deles van esfarrapados, con vellas cítaras, laúdes e zanfonas ao lombo. Alí recoñecemos a Bernaldo de Bonaval, Airas Nunes, Eáns do Cotón, Pero da Ponte, Pero Meogo, Xohán de Guillafe, Meendiño, Xohán Airas, Martín Codax, Paio Gomes Chariño, Macías o Namorado, e moitos máis, todos con lume no peito. Non tardan en aparecer as dúas belidas irmáns, Inés e Xohana de Castro, a que reinou en Portugal despois de morta e a que foi raíña de Castela nunha soia noite morna de vran, como dúas rosas murchas, levando en bandexas de prata as coroas do seu efímero reinado. Veñen de seguida os moitos varóns altaneiros de Galiza, os señores feudaes, que non souperon vivir en paz, nin consigo mesmos, todos eles montados en bestas negras, dende Andrade, o Bo, seguido por un porco montés, símbolo totémico da súa casa, até o valente Pedro Madruga, que leva o puñal da traición espetado nas costas. Como grupo singular destácase o Mariscal Pardo de Cela, xunto cos seus compañeiros de marteiro, inxustamente decapitados, que sosteñen con entrambas mans as propias cabezas, aínda frescas, que deitan sangue e piden xusticia. Tamén ollamos unha boa representación do feudalismo eclesiástico, e nel distinguimos aos tres Arzobispos Fonseca, pai, fillo e neto, seguidos por unha mula cangada coas obras de Erasmo. E detrás de tanto señorío feudal, ven a pé o seu mellor cronista, Vasco da Ponte. De seguida recoñecemos a impoñente tropa dos irmandiños, que arrastran cadeas, con bisarmas e fouces mangadas en paus levando por abandeirado a Rui Xordo, que sostén en outo un facho de palla acesa e fumeante.
Eiquí comenza a decaer a categoría do fúnebre cortexo, como decaíu Galiza ao trocarse en pobo sometido. Pero sigue dando individualidades, como Sarmiento de Gamboa e os Nodales, que camiñan xuntos, portando astrolabios, atlas e cunchas estrañas; o filósofo escéptico, Francisco Sánchez, con muceta de doutor; os virreis de Nápoles e das Indias, Conde de Lemos e Conde de Monterrei, que serviron lealmente a quen non merecía ser servido por ningún galego; os tres grandes embaixadores felipescos, Zúñiga, de Castro e Gondomar, que inutilmente derrocharon talento, sabiduría e artes diplomáticas; os escultores Moure e Ferreiro, xunto cos arquitectos Andrade e Casas e Nóvoa, que ceibaron de cadeas a nosa orixinalidade oprimida; o P.Sarmiento e o P.Feixóo, que remediaron o retraso cultural de Hespaña coa súa poderosa erudición e o seu xenio enciclopédico. Vén axiña Nicomedes Pastor Díaz, coa súa lira de nacra, abrindo a renacencia literaria de Galiza e seguido polos poetas Añón, Rosalía, Curros, Pondal, Ferreiro, Lamas, Amado Carballo, Manoel Antonio e tantos outros, todos con estrelas sobor das súas frentes; os historiadores Vicetto, Murguía e López Ferreiro; os patriotas Faraldo e Brañas; a pensadora Concepción Arenal, a escritora Pardo Bazán e, por fin, o gran don Ramón, aínda non ben descarnado.
Acabo de citar algúns bultos da Santa Compaña de inmortaes galegos; pero nos dous mil anos da nosa Historia os bultos cóntanse por milleiros. Di Oliveira Martíns que na Historia non hai máis que mortos, e que a crítica histórica non é un debate, senón unha sentencia. Mais eu digo e aseguro que os mortos da Historia son inmortaes, porque resucitan e mandan sobor dos vivos, como digo e aseguro que a mellor sentencia é a que se dá despois dun debate. Por eso poño a debate a nosa Historia -non a nosa Tradición-, porque se ben é certo que se pode compor unha gran historia de Galiza con soio recoller as crónicas dos seus grandes homes, tamén é certo que ningún deles, nin todos eles xuntos, foron capaces de ergueren a intransferible autonomía moral de Galiza á categoría de feito indiscutible e garantizado. Por sorte, Galiza conta para a súa eternidade, con algo máis que unha Historia, como axiña me foi permitido ver...
En canto a Santa Compaña dos inmortaes se perdeu na espesura dunha froresta, vin xurdir da terra da nosa Terra, saturada de cinzas humáns, unha infinida moitedume de luciñas e vagalumes, que son os seres innominados, que ninguén recorda xa, e que todos xuntos forman o substractum insobornable da patria galega. Esas ánimas sen nome son as que crearon o idioma, a cultura, as artes, os usos e costumes, i, en fin, o feito diferencial de Galiza. Elas son as que, en longas centurias de traballo, humanizaron o noso territorio patrio, infundíndolles a tódalas cousas que na paisaxe se amostran o seu proprio espírito, co que pode dialogar o noso corazón antigo e panteísta. Elas son as que gardan e custodian no seo da terra-nai os legados múltiples da nosa Tradición, os xermes incorruptibles da nosa futura Historia, as fontes enxebres e purísimas do noso xenio racial. Esa moitedume de luciñas representa o pobo, que nunca nos traicionou; a enerxía colectiva, que nunca perece; a esperanza celta, que nunca se cansa. Esa infinida moitedume de luciñas e vagalumes representa o que nós fomos, o que nós somos e o que nós seremos sempre, sempre.
Despois, a miña saudade aínda quixo visitar devotamente os moitos cimeterios de Galiza, onde durmen os derradeiros mártires da Liberdade, en número incontable. A miña imaxinación veu unha fogueira en cada cimeterio, como outros tantos clamores de xusticia. Pero no de Pontevedra veu unha labarada que chegaba até o ceo. Era o lume do espírito de Bóveda que non figura na Santa Compaña dos inmortaes, porque non pertence á Historia senón á Tradición, en arume de Lenda. Bóveda terá de ser nun mañán próximo ou lonxano, a bandeira da nosa Redención.
A cantidade de luceciñas e vagalumes vai disminuindo... Pero a nosa esperanza celta non pode desaparecer. Agardemos que axiña sexa un novo enxamio infinito o que guíe e reforce o futuro de Galiza.
-
Re: Leyenda SantaCompanha
wena cronica, alto Jovi te inyectaste, jajaja =)
-
Re: Leyenda SantaCompanha
-
Re: Leyenda SantaCompanha
-
Re: Leyenda SantaCompanha
son los efectos del Jovi, entiendan...
-
Re: Leyenda SantaCompanha
hobby o no , soy gallego , no peretnezco al caln SC pero amo mi tierra por encima de todo
-
Re: Leyenda SantaCompanha
wena Gaita =), aguante el Celta de Vigo, yo argentino, pero mi abuelo era de alla, respeto mis raices Tbm =)
-
Re: Leyenda SantaCompanha
Abria que aplicar la politica de wastelands aca.
-
Re: Leyenda SantaCompanha
keighan....vigo no perteneces a galicia.... pertenece a Portugal.....xD es una rivalidad que tenemos Coruñeses y vigueses de toda la vida, los partidos de futbol son de lo mas divertido , insultos, peleas.....jeje bueno aun te ries viendo tanto boludo pegandose por un equipo :D:D
-
Re: Leyenda SantaCompanha
ahh ni la mas puta idea, gracias por la data, jajaja = soy de Bokita, el domingo le hacemos la cola a las gallinas, eaaa!
-
Re: Leyenda SantaCompanha
-
Re: Leyenda SantaCompanha
Cita:
Iniciado por Kratos
q es esta mierda
Alex...
Que te refieres a tu post? -.-"
-
Re: Leyenda SantaCompanha
-
Re: Leyenda SantaCompanha
-
Re: Leyenda SantaCompanha
ehhhehhhehh, me laguie =P jajaja
-
Re: Leyenda SantaCompanha
kien es el 1 y kien el 0 keighan? xDD
-
Re: Leyenda SantaCompanha
Cita:
Iniciado por CoNeCsIoN
kien es el 1 y kien el 0 keighan? xDD
uhhhhh mal vo ehh, te pekeo... ojito ehh
-
Re: Leyenda SantaCompanha
jeje te espero en dwarven village xD
-
Re: Leyenda SantaCompanha
Cita:
Iniciado por CoNeCsIoN
jeje te espero en dwarven village xD
jajajaja vo so loco, me haces gastar GK :D
-
Re: Leyenda SantaCompanha
Cita:
Iniciado por keighanacsaon
jajajaja vo so loco, me haces gastar GK :D
el que algo quiere..algo le cuesta...NO? xDDD
-
Re: Leyenda SantaCompanha
no tendras por hay la de la caimada?? ^^ esa si esta wapa
-
Re: Leyenda SantaCompanha
jajajaja para los k kieran leerlo en cristiano click here:
http://www.escalofrio.com/n/Fantasma...ta_Compana.php
-
Re: Leyenda SantaCompanha
Cita:
Iniciado por melkhior
no tendras por hay la de la caimada?? ^^ esa si esta wapa
Cuando esta wapa la caimada es cuando una gallega pone la cinta con musica y hace el ritual de bruja. Esta mortal xD.
PD: Creo k es queimada y no caimada xD.
-
Re: Leyenda SantaCompanha
heneas si , es la queimada , y es orujo!!! jojojo eso que carni odia!! y tu y yyo apreciamos como el oro ke fluye por nuestras venas ... :O:O:O xDDD
-
Re: Leyenda SantaCompanha
melkior seguro ke es caimada y no queimada?
-
Re: Leyenda SantaCompanha
Lito nos vemos en el pueblito de los nanitos, jajaja es mi 1º tarea del dia cuando vuelva Elwyn =)
-
Re: Leyenda SantaCompanha
J0j0j0j0j0 orujo powah!!!!!
-
Re: Leyenda SantaCompanha
jajaja ...ahh lo toams en serio ? xDD bueno ke sepas ke o te haces pk o me vas a regalar un pvp. so y groxoooo xDDD
-
Re: Leyenda SantaCompanha
naa te toy jodiendo xDDD, = voy a saludarte, jajaja si nesitas algo me wisp xD
-
Re: Leyenda SantaCompanha
Cita:
Iniciado por CoNeCsIoN
melkior seguro ke es caimada y no queimada?
sera , yo solo las bebo no se como se escribe xDDDD
mago de oz tiene la canciond ela queimada ^^ , si la escuchais ya vereis como mola hacer una en alguna placita ^^
-
Re: Leyenda SantaCompanha
Cita:
Iniciado por keighanacsaon
naa te toy jodiendo xDDD, = voy a saludarte, jajaja si nesitas algo me wisp xD
jaja ya se :D lo mismo te digo si algo se necesita whisp conecsion o hobbit xD
Cita:
Iniciado por melkhior
sera , yo solo las bebo no se como se escribe xDDDD
mago de oz tiene la canciond ela queimada ^^ , si la escuchais ya vereis como mola hacer una en alguna placita ^^
Si , te refieres a la queimada xD hecha con aguardiente (caña) , lima , muucho hielo! y todo eso batido :D pero escuece en la garganta :D soy gallego y en mi casa se hace
-
Re: Leyenda SantaCompanha
por cierto xD antes de hecharle el hielo ( algunos lo toman sin el) hay que prenderle fuego xDD (NO LO HAGAN EN SUS CASAS CERCA DEL SILLON)
-
Re: Leyenda SantaCompanha
Yo la he probado de naranja, de manzana, de tuti fruti, de peras, de uvas.............................................. .................................................. .................................................. .................................................. ............... ... .... .. .. ... ...... ... ..... ...
-
Re: Leyenda SantaCompanha
Y eso k no soy gallego (vivo en elche jajajaja).
-
Re: Leyenda SantaCompanha
-
Re: Leyenda SantaCompanha
comenten algo del ahistoria OSTIA!!!! xD
-
Re: Leyenda SantaCompanha
ahh odio la espera...me consulea pensar que estais leyendo como locos!!! muahahaha xD estoy de broma eso no lo lee ni dios , bueno, yo SI
-
Re: Leyenda SantaCompanha
la verdad q te matastes escribiendo solo para q lo lea el 2 % gente q pàsa por aca. :P aunque yo lo lei y ta muy bueno :S.
saludos.
HercoN.
-
Re: Leyenda SantaCompanha
si es verdad que lo leiste hercon ya me basta con que alguien lo leyera y aun mejor si te gustó
-
Re: Leyenda SantaCompanha
No esta mal, aunque deberias haber puesto el enlace al castellano, comprende que muchos argentinos y españoles ni idea de gallego.
En España aparte del castellano hay 3 lenguas oficiales en sus regiones Gallego, Euskera (o vasco) y Catalan (algunos Valencianos y mallorquineses defienden que el suyo es un dialecto distinto proveniente del Catalan, algo hasi como el Andaluz o el Canario del Castellano, pero para mi son como estos que son castellano con acento distinto xd), tambien hay otros 3 dialectos uno de ellos muerto, los otros dos se estan intentando salvar, no provienen de ninguna de las lenguas anteriores simplemente no llegaron a prosperar como lenguas propias.
Muchos consideran a España una minieuropa de culturas y regionalidades (o nacionalidades para los quisquillosos).